CORAL "AMISTAD"da A.VV
Foi fundada ó comezo do ano 1980 polo coro parroquial, sendo o seu director D: Victor José Agulló. sucesivamente fóronse unindo máis compoñentes, contando na actualidade con trinta e cinco voces mixtas.
A súa primeira actuación oficial tivo lugar o vintecatro de Maio de dito ano cogallo da conmemoración do "Dia das Letras Galegas".
O seu repertorio está formado por música galega,popular, sacra e habaneras coas que ten gravado tres CDS co equipo técnico da Radio Galega.
A coral forma parte da A: VV. "Couto", que desde 1992 ven en organizar o ciclo de "Tempo de Música" onde participan corais de toda Galicia, Asturias, Castela e León e Portugal, que son correspondidas cunha actuación na sua localidade de procedencia. Pamén actúan Bandas de Música,grupos e solistas de música clásica, conmemorándose neste ano a XXI edición.
Participou na "III Mostra Xacobea de Panxoliñas", Festval de Panxoliñas de Caixa Vigo, así cmo no Festival do Concello de A Coruña´chegando a ser finalista.
As suas actuacións chegaron a varias localidades da comarca, así como en diferentes lugares da nosa mcomunidade (A Coruña,Lugo, Pontevedra,Ourense,Vigo) ,Asturias, Castela-León e Portugal. É menbro de FECOGA e está dentro dos convenios da Deputación Provincial.
Desde setembro de 2001 conta con un novo director ,D. Juan José Prieto Pastor, que cursou os seus estudios nos Conservatorios de Alicante,Santiago,Ferrol e A Coruña.
Fotos da XXI edición de Tempo de Música 2012